Misión, visión e valores

A política de calidade do Colexio Calasanz PP. Escolapios A Coruña estableceuse como a definición da MISIÓN (motivo da existencia continuada do Centro), a VISIÓN (lugar estratéxico que o Centro pretende acadar a medio e longo prazo) e os VALORES (ideas, principios e fortalezas sobre os que se fundamenta o Centro para acadar a visión).

Ademais de definir a Misión, Visión e Valores, o Centro establece como obxectivos básicos e iniciais da súa Política de Calidade a orientación cara a:

  1. O cumprimento dos requisitos legais e regulamentarios aplicables á actividade educativa desenvolvida polo Colexio Calasanz PP. Escolapios A Coruña.
  2. A satisfacción permanente das necesidades, demandas e expectativas dos clientes do Centro.
  3. A mellora continua.

A definición actualizada da Misión, Visión e Valores inclúese a continuación:

MISIÓN

O noso Centro pertence á Provincia de Escolas Pías Betania, que está composta por un conxunto de obras educativas que levan a cabo o seu ministerio de evanxelización educando cunha identidade escolapia crecente, calidade educativa e pastoral, misión compartida e atención preferente aos pobres.

Así:

  • Somos unha escola que, seguindo o proxecto educativo de San Xosé de Calasanz, defende unha educación integral e inclusiva para colaborar na reforma e transformación da sociedade, a través da busca da verdade e o discernimento de valores desde a fe e á luz do Evanxeo.
  • Somos un lugar da Igrexa onde o desenvolvemento da mensaxe cristiá é posible a través dun proceso pastoral.
  • Somos un centro aberto á cidade da Coruña e á súa contorna.
VISIÓN

Aspiramos a levar a cabo un proceso de afondamento na identidade da Escola Calasancia para coidar e potenciar o carácter que debemos levar a cabo os escolapios na nosa tarefa educativa para:

  • Desenvolver a formación integral do alumnado, garantindo a excelencia académica, avanzando na innovación pedagóxica, asegurando a pastoral como eixo vertebrador do traballo educativo e promovendo a súa formación en valores e compromiso coa sociedade.
  • Dar unha resposta educativa a nenos e mozos con maior risco de exclusión social ou educativa, ou que requiren unha atención específica, abrindo aqueles itinerarios que contemple a normativa vixente, tanto na educación formal como na non formal.
  • Promover a participación activa e a colaboración das familias, atendendo ás súas necesidades mediante unha atención personalizada e próxima.
  • Organizar unha proposta de formación dos docentes desde unha visión integral que abranga: competencia profesional, dimensión cristiá e identidade escolapia.
  • Estruturar e desenvolver unha estratexia propia, asegurando a xestión e sustentabilidade do centro que nos dote dos recursos necesarios para levar a cabo o noso traballo.
  • Fortalecer a implantación de plans de xestión da calidade no noso centro no marco da provincia no seu conxunto.
  • Desenvolver unha metodoloxía activa na que a integración das TICS xogue un papel fundamental na praxe diaria do noso proceso de ensino-aprendizaxe.
  • Promover a competencia comunicativa (comprensión, lectura, escritura e expresión oral) en diferentes idiomas, especialmente en inglés.
VALORES
  1. Infantil e xuvenil, centro da escola.
  2. Abertos aos máis fráxiles.
  3. Preparamos para a vida.
  4. Somos parte da Igrexa e vivimos o Evanxeo de Xesús e os seus valores (caridade, xustiza, liberdade, igualdade, paz e solidariedade).
  5. Comprometidos cun mundo xusto e fraterno, formando estudantes libres, críticos, abertos e solidarios.
  6. Educadores corresponsables.
  7. Implicación das familias.
  8. Atención á persoa.
  9. Formados e innovadores.
  10. Somos Igrexa.
  11. Escola aberta e comprometida coa nosa contorna.
  12. Cun estilo propio baseado en:
    1. Aproximación, aceptación e respecto cara ás persoas.

    2. Dispoñibilidade para acompañar aos alumnos.

    3. Cordialidade, confianza e sinxeleza no tratamento diario.

    4. Educación preventiva.

    5. Educación na igualdade desde a diferenza e a complementariedade.

    6. Favorable á participación de alumnos e familias.

    7. Esforzo, dedicación e traballo en equipo.