Orientación
Departamento de Orientación
Obxectivos xerais.
- Previr as dificultades de aprendizaxe e contribuír a superalas cando se produzan, axustando a resposta educativa ás necesidades particulares do alumno/a.
- Resaltar os aspectos orientadores da educación: “orientación en e para a vida”, atendendo ao contexto real dos alumnos/as e ao futuro que poidan proxectar para si mesmos, favorecendo a adquisición de aprendizaxes funcionais.
Obxectivos específicos.
- Elaborar, facer o seguimento e recoller a avaliación do Plan de Acción Titorial.
- Deseñar, intervir e avaliar o Plan Xeral de Atención á Diversidade.
- Deseñar, intervir e avaliar o Programa de Orientación Académica e Profesional.
- Deseñar, intervir e avaliar a Programación da aula de Educación Especial.
- Asesorar ás familias e ao profesorado.
- Manter contacto con outros estamentos externos ao centro en aras de obter e proporcionar información e coordinar o traballo con outros profesionais.
Actuacións respecto ao alumnado:
- Atención ao alumnado que o precise nas aulas depedagoxía terapéutica, audición e linguaxe e educación especial.
- Realizar avaliacións psicopedagóxicascando sexan demandadas, así como a elaboración ou actualización de informes para aquel alumnado ao que se lle detectan necesidades educativas especiais, seguimento do proceso educativo e as medidas de atención á diversidade adoptadas.
- Asesoramento e apoiopuntual e individual, segundo as demandas e necesidades que presenten nalgún momento.
- Recollida de información inicial que permita unha visión xeral do grupo e unha valoración das necesidades, coa finalidade de planificar e priorizar as accións educativas.
Actuacións respecto ás familias:
- Deseñar e desenvolver accións que promovan a cooperación das familias implicándoas no proceso de formación persoal e educativo dos seus fillos/as mediante dous tipos de actuacións:
- Realización de entrevistas individuais, como medio de intercambio de información sobre o proceso educativo e relacional, co obxectivo de colaborar no seguimento e apoio do proceso educativo e na orientación sobre o seu futuro académico e laboral, así como sobre temas específicos da educación dos seus fillos/as que lles preocupen.
- Proporcionar asesoramento e apoio puntual e individual segundo as demandas e necesidades.
Actuacións respecto ao centro:
- Asistir ás reunións de avaliación do alumnado.
- Representar ao departamento na Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP) .
- Asesorar sobre as medidas de atención á diversidade e participar na revisión e/ou elaboración dos documentos do centro.
- Asesorar e ofrecer recursos que fomenten a tolerancia e a mellora da convivencia nas aulas e no centro.
- Colaborar na avaliación da progresión na aprendizaxe do alumnado e criterios de promoción, propostas de planificación e fomento da orientación profesional no centro.
- Avaliar e propoñer propostas de mellora dos documentos de planificación e xestión do centro.