1.- SOLICITUDE DE CITA
Podedes solicitar e reservar unha visita ao colexio cando queirades, a través dos nosos emails de contacto, por teléfono ou polas nosas redes sociais.
Os nosos responsables de administración daranvos toda a información individualizada e atenderán cada caso específico.
2.-VISITA AO COLEXIO
Realizamos visitas guiadas ao colexio, con toda a dedicación dos nosos directores de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria e Bacharelato.
Ademais, facilítasevos neste paso toda a documentación precisa para a solicitude de admisición e outros documentos e información de interese.
3.- SOLICITUDE DE ADMISIÓN
Se xa nos coñeceches e queres matricular aos teus fillos no noso colexio, do 1 ao 20 de marzo ábrense os prazos para presentar as solicitudes de admisión aos nosos responsables de administración.
4.- FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
Por último, a formalización da matrícula dos teus fillos no noso colexio pode realizarse entre a última semana de xuño e a primeira de xullo.
Os nosos profesionais de administración acompañaranvos e axudaranvos en todo momento con calquera dúbida que poida xurdir no proceso.
¡Benvidos á familia Calasanz!