Equipo de dinamización da lingua galega

Image

Coordinador: Roberto Catoira

Image

OBXECTIVOS E COMPOÑENTES

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega constitúese, segundo as normas estabelecidas, co obxectivo de coordinar, planificar e promover actividades encamiñadas a conseguir o uso do galego dentro do centro escolar, e tamén para incidir na comunidade educativa con actividades que fomenten o uso normal da lingua galega.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro está formado por un grupo de profesores, alumnos e un membro do persoal non docente, cada día máis identificados coa filosofía do mesmo, que non poderán levar a cabo o seu labor sen a colaboración de numerosos membros da comunidade educativa, que usan o galego nas súas tarefas e axudan a materializar as actividades na medida da súa vontade e compromiso persoal.